O misterio do barco perdido
Carlos González Reigosa
Un barco galego desaparece nas augas do banco de pesca do Sahara. A exploración da zona por buques da Mariña e helicópteros do Servicio Aéreo de Rescate non descubre rastro del nin da tripulación. O dono do pesqueiro, un armador coruñés, ten unha razón moi especial para facer que se investigue a fondo o seu destino: un dos homes que ía a bordo era un fillo seu, que se enrolara como segundo patrón. Isto lévao a poñerse en contacto co detective Nivardo Castro e co xornalista Carlos Conde. A eles lles corresponderá desenredar a enguedellada madeixa en que se converte a desaparición do barco. Neste proceso ábrese un horizonte inesperado de aventuras, que inclúen o secuestro, o tráfico de armas, o transporte de mercenarios, o narcotráfico ou o simple roubo.
عام:
1988
الإصدار:
1.0
الناشر:
ePubLibre
اللغة:
galician
الصفحات:
151
ملف:
EPUB, 763 KB
IPFS:
,
galician, 1988